lunes, 24 de noviembre de 2014

TAREFA CQC14

Hola a todos. 
Este trabajo de CQC14 me ha parecido muy interesante , ya que no son relatos como los otros; sino que tienen una relación con la ciencia y me resultaron todos muy buenos. Pero especialmente he elegido este porque en mi opinión es de los que mejor se puede entender y trabajar con él.  En resumen, me resultó facil e interesante.
Para alojar este trabajo en el drive antes he echo: 
1.- Coger el relato que quería adaptar de CQC13. 
2.- Para editarlo primero  he pasado de pdf a texto editable mediante esta web.
3.- Lo subo al drive y lo comparto con mi profesor de informática.
4.- Empiezo a buscar hiperenlaces.



AQUÍ DE DÍA, ALÁ DE NOITE


Marta Rama Ferreira
Ies Antonio Fraguas ( Santiago de Compostela )


Un sábado, deica a unha da tarde,Xabier estaba xogando cos amigos ao fútbol cando de súpeto se lembrou dunha cousa moi importante: hoxe era o aniversario do seu querido curmá Miguel, que tiña 8 anos coma él, e vivía coa súa familia en California. Marchou correndo ata a súa casa para chamalo canto antes.
Á súa nai pareceulle moi extraño que estivese na casa tan cedo, pero non lle deu importancia. Despois decatouse de que Xabier estaba a andar co teléfono e díxolle:
—Que fas? Deixa o teléfono no seu sitio, anda.
—Quería chamar a Miguel, que está de aniversario, e se o deixo para máis tarde vaime esquecer! –respondeulle Xabier.
—Como vas felicitalo agora? Ti non te decatas, miño fillo, de que alá en California son ás catro da madrugada e a xente está durmindo? –reprendeuno  a  nai.
O rapaz tardou en responder, pois aínda estaba asimilando esa información. Como que naquel lugar a xente aínda durmía? Na súa casa a luz do sol entraba en torrente pola ventá, o reloxo da cociña marcaba a unha da tarde e a xente toda andaba esperta e ocupada nas súas tarefas matutinas (agás, claro está, os máis durmilóns). Non o entendía, así que nun principio pensou que os californianos  serían coma os mouchos, que durmían de día e iso non casaba moito coa descrición do seu curmá  Miguel.  Logo preguntoulle á súa nai e esta díxolle:
—Verás, meu rei, en California  hai nueve horas menos que aquí. Agora vai xogar un pouco, que teño que atender a comida.
Esta explicación non lle serviu moito a Xabier,, que pensou: «Se aquí é a unha da tarde e alá son as catro da madrugada, xa sei eu que hai nove horas de diferenza, que non son parvo. O que eu quero saber é por que hai esas nove horas de diferenza!».
Máis tarde decidiu buscar en internet, que dicía algo duns meridia- nos, dos movementos de rotación da Terra… Pero iso tampouco era moi comprensible para Xabier.
Entón, o luns, na clase de Ciencias, o rapaz  comentoulle á súa mestra o tema que o tivera ocupado toda a fin de semana. A mestra, Tareixa,, demostroullo dun xeito moi divertido: primeiro puxo unha cadeira no medio da clase, e a todos os nenos xirando arredor dela, como se fosen planetas; isto era o movimento de translación, o que Xabier xa entendía perfectamente porque era un alumno dos maiores de cuarto curso. Despois, ao mesmo tempo que todos xiraban arredor da cadeira, xiraban tamén sobre si mesmos: isto era o chamado movimento de rotación da Terra; entón, mentres os ollos dos nenos, que representaban a España, vían o moble do medio da clase, a súa caluga quedaba no lado oposto; polo que se a súa caluga fose California, , non recibiría a luz do sol nese momento e por iso sería de noite.


Deste xeito Xabier, comprendeu por que en California, onde vive o seu querido curmá Miguel, hai nove horas menos que en España.


No hay comentarios:

Publicar un comentario